Especialistas na reconstrución de accidentes da Garda Civil investigan tres sinistros mortais en Galicia
Un equipo de especialistas na reconstrución de accidentes de tráfico desprazouse desde Madrid a Vilanova de Arousa para investigar un atropelo mortal con fuga ocorrido a mediados de novembro pasado.
Durante a mañá estiveron recollendo datos para poder determinar coa maior exactitude posible as circunstanciáns nas que ocorreu o sinistro mortal. Son os membros dun dos equipos de reconstrución de accidentes de tráfico da Garda Civil en plena faena.
Están recollendo datos cun scaner-láser para poder reproducir máis tarde no ordenador coa maior exactitude e en tres dimensións o lugar dun atropelo ocorrido hai un mes en Vilanova de Arousa, co resultado dunha persoa morta.
Os datos recollidos co láser complétanse con fotos do lugar e as probas acumuladas durante a primeira inspección visual.
"O que se fai é reconstruír o escenario real, ese escenario real trasládase ao gabinete e a través de programas informáticos emítese un informe pericial que se pon a disposición da autoridade xudicial cómo supostamente ocorreu o accidente".
É un traballo meticuloso e complexo para intentar incluír ata o máis mínimo detalle e aproximarse o máximo posible ás circunstacians exactas do accidente.
"Un informe pericial suxeito á libre valoración da autoridade xudicial, polo tanto será esta a que en último caso confíe ou non neste informe pericial".
Este mesmo equipo elaborará informes periciais sobre outros dous accidentes mortais ocorridos este ano en Covelo e Cangas.