CRTVG

Buscar

España xogará a final do Mundial de baloncesto tras gañar a Australia 95-88 despois de dúas prórrogas

Publicado o 13/09/2019 18:17

• O seu rival na final será A Arxentina

Dúas prorrogas, sufrimento e clasificacion para a final. Segunda final da historia para a selección española, que superou a Australia por sete puntos. España sempre por detrás polo marcador. Foi remontando ata esgotar fisicamente os australianos. Marc Gasol, trinta e tres puntos.

Partido revirado dende o principio no que España tivo que apretar os dentes para acabar facendo do carácter e a fe na victoria dous valores decisivos. Os de Scariolo forón a remolque no marcador todo o partido pero conseguiron forzar dúas prórrogas. No primeiro cuarto a vantaxe foi mínima de dous puntos para os australianos. Esa diferencia subíu a cinco na segunda tanda cunha Australia que levaba a Patty Mills desbocado. O segundo tempo volveu favorecer a escadra australiana capaz de estirar a goma até unha vantaxe máxima de doce puntos. Ao bordo do ko técnico non se entrega España e a aparición progresiva no xogo de Ricky Rubio, que acabou o partido con 19 puntos, e sobre todo de Marc Gasol, decisivo no último cuarto, forzaron os nervios do rival.

Os tiros libres de Mills e Gasol, 32 e 33 puntos respectivamente, levaron ás prórrogas. Dúas triplas decisivas de Llul no segundo tempo suplementario someteron aos de Andrej Lemanis despois sumar estes até 20 rebotes ofensivos no choque. Superiores baixo aro pero inferiores na sorte suprema do corazón. O que bombea sangue fresca ás mans cando na cabeza se atrancan algunhas ideas.