España volverá vacinar con AstraZeneca desde o mércores
Publicado o 21/03/2021 12:52
Despois da suspensión durante unha semana, España volverá vacinar con AstraZeneca a partir do vindeiro mércores, logo de que esta vacina recibise o aval da Axencia Europea do Medicamento, que decidiu que é segura e efectiva contra a covid−19 e que os beneficios seguen superando o risco de efectos secundarios.
O luns, Sanidade decidirá con que grupos de idade e risco se reinicia e cales quedan fóra por precaución. Vai ser na reunión que manterá o Consello Interterritorial de Saúde, a proposta do ministerio.
Enriba da mesa está ampliar a administración da fórmula de AstraZeneca ata os 65 anos. En España, ata o de agora só se lles dispensou a menores de 55 anos, a maioría sanitarios, profesores e membros dos corpos de seguridade.