España viviu a primeira noite con toque de queda
• En Galicia aplícase dende as once da noite ás seis da mañá
• O estado de alarma marca este luns a Conferencia de Presidentes
Domingo insólito nas rúas da Coruña. Así serán as noites, en principio, ata o nove de novembro, día ata o que se aprobou o toque de queda en España. En Galicia comezou ás once, a hora xenérica marcada polo goberno no BOE.
Este era o aspecto das rúas de Barcelona despois das dez. En Cataluña adiantaron unha hora a limitación da mobilidade nocturna, como fixeron tamén en Castela e León.
Con todo rexistráronse altercados na capital catalá, polas protestas de cidadáns contra as restricións impostas para frear a pademia, que acabaron con catro detidos.
En Madrid foi a súa segunda noite de toque de queda. Igual que en Valencia e mais en Castela e León. E igual que en Valencia, tamén atrasaron o inicio do confinamento unha hora, dende a medianoite.
Estremadura, Cantabria e Asturias optan igualmente por pechar dende as doce, e Navarra decidirá hoxe se o adianta ás dez. De todo isto quedan fóra as illas Canarias, ás que non se lles aplicará, polo de pronto, o toque de queda.