CRTVG

Buscar

España suspira por un dianteiro con gol para reaccionar na Eurocopa

Publicado o 16/06/2021 07:48

A estrea de España na Eurocopa non ilusiona. O empate sen goles contra Suecia prolonga a sensación de que o equipo de Luis Enrique non ten gol. Oportunidades si que fabricou.

As críticas cébanse con Morata, o home máis adiantado, que volveu fallar as máis claras.

O caso é que Gerard Moreno, máximo goleador español, non entrou no campo ata o minuto 73 e rozou o gol... Mentres, nas redes sociais Iago Aspas convertíase en tendencia... e Luis Enrique tamén, pola súa situación no campo. A neveira portátil foi obxecto de Memes e bromas, aínda que alguen lembrou que a idea orixinal foi do arxentino Marcelo Bielsa.

A afección non saiu satisfeita do estadio da Cartuxa, e puido ser peor.

O sábado non poden fallar contra Polonia, outra vez en Sevilla, sobre un céspede xusto de nivel para unha Eurocopa.

Noticias web

16/06/2021