CRTVG

Buscar

España supera o 50 % da poboación cunha dose e 15 millóns coa pauta completa

Publicado o 23/06/2021 19:02
EUROPA PRESS

As comunidades autónomas administraron ata este mércores un total de 37.560.626 de doses das vacinas contra a Covid-19 de  Pfizer- BioNTech, Moderna,  AstraZeneca e  Janssen, 680.540 delas nas últimas 24 horas, batendo un novo récord diario. Isto representa o 91,1 por cento das distribuídas, que ascenden a 41.218.602 unidades.   

Ademais, un total de 15.138.439 persoas recibiron xa a pauta completa, 392.703 máis que onte. Isto supón o 31,9 por cento da poboación española. Desta maneira, conséguese un novo fito na vacinación, aínda que cun par de días de atraso fronte ao obxectivo do Goberno.   

Por outra banda, ata un total de 23.772.029 persoas recibiron polo menos unha dose, é dicir, o 50,1 por cento dos españois.   

Os datos indican que nese período entregáronse ás comunidades autónomas 27.932.757 de doses de Pfizer, con 26.487.532 administradas; 3.982.000 correspondentes a Moderna, con 3.593.007 xa inoculadas; 7.755.100 de AstraZeneca, coas que se vacinou a 6.389.079 persoas; e 1.548.745 de Janssen, con 1.091.008 xa inxectadas. 

O Ministerio de Sanidade facilitou esta información no informe de actividade do proceso de vacinación fronte á COVID-19 en base a datos recolleitos entre o 27 de decembro de 2020, día no que comezaron as vacinacións, e o 22 de xuño

Noticias web

23/06/2021