CRTVG

Buscar

España suma 241 contaxios novos, dos cales 11 son en Galicia

Publicado o 09/07/2020 18:11

O Ministerio de Sanidade informa de 241 contaxios nas últimas 24 horas en España. Son menos que os 257 de onte. As comunidades máis afectadas son Aragón, Cataluña, Andalucía e Madrid. Galicia suma 11 contaxios novos, segundo o informe do departamento que dirixe Salvador Illa.

O número total de infeccións elévase a 253.056 desde o inicio da pandemia. No últimos sete días, rexistráronse 10 falecidos, o que eleva o número de mortes pola covid a 28.401 en España.

Ademais, 11.708 persoas ingresaron nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 5 nos últimos 7 días, e 125.660 precisaron hospitalización desde o inicio, 150 na última semana.

Segundo o Ministerio, Aragón, Cataluña e Andalucía acumulan máis da metade dos novos casos, mentres que Castela e León e Madrid rexistran o maior número de falecidos dos 10 notificados no últimos sete días.

Así, as comunidades autónomas con máis novos diagnósticos no último día son, novamente, aquelas que rexistraron maiores rebrotes. A primeira é Aragón (con 59 novos casos) e séguenlle Cataluña (52), Andalucía (32), Madrid (22), Castela-A Mancha (20), Galicia (11), Comunidade Valenciana (10), País Vasco (9), Estremadura (6) e Murcia (6), Navarra (4), Castela e León (1), Baleares (2) e Cantabria (1).

As comunidades que non rexistraron ningún caso nas últimas 24 horas son Asturias e A Rioxa, ademais das cidades autónomas de Ceuta e Melilla.   

En total, en Andalucía xa se diagnosticaron a 13.338 persoas con Covid-19; en Aragón a 6.637; en Asturias a 2.436; en Baleares a 2.246; en Canarias en total deron positivo en PCR 2.451 persoas; en Cantabria 2.369; en Castela-A Mancha 18.330; e en Castela e León 19.782.   

Así mesmo, en Cataluña rexistráronse 63.307 casos; en Ceuta 163; na Comunidade Valenciana 11.718; en Estremadura 3.082; en Galicia 9.403; en Madrid 72.469; en Melilla 126 casos; en Murcia 1.727; en Navarra 5.496; no País Vasco contabilizáronse xa a 13.903 persoas positivas nas probas PCR; e na Rioxa 4.079.   

Respecto ás mortes, as únicas comunidades que rexistraron algún caso na última semana foron Andalucía (2), Aragón (1), Castela e León (4) e Madrid (3).

Con todo, en Andalucía xa faleceron 1.434 persoas; en Aragón 913; en Asturias 334; nas Baleares 224; nas Canarias 162; en Cantabria 216; en Castela-A Mancha 3.029; e en Castela e León 2.791.

Ademais, 5.675 persoas faleceron en Cataluña como consecuencia do coronavirus; en Ceuta contabilizáronse 4 falecidos desde o comezo da pandemia; na Comunidade Valenciana 1.432; en Estremadura 519; en Galicia 619; en Madrid 8.442; en Melilla 2; en Murcia 148; en Navarra 528; no País Vasco 1.562; e na Rioxa 366.