CRTVG

Buscar

España só detecta una media de tres contactos por cada positivo en coronavirus

Publicado o 20/07/2020 13:26
España só detecta una media de tres contactos por cada positivo en coronavirus

España non dá detectado máis de tres contactos de cada persoa diagnosticada de COVID-19 para facer o seguimiento da enfermidade, aínda que as diferenzas por comunidades son moi grandes: mentres Canarias é capaz de localizar ata 27 contactos, outras como Cataluña só logran identificar dúas.

Así o recolle o último informe Situación de COVID-19 en España, que publica o Instituto de Saúde Carlos III cos casos diagnosticados a partir do 11 de maio e ata o 15 de xullo, as datas en que se identificaron 22.997 casos de coronavirus.

Segundo as cifras do Carlos III, Canarias é a comunidade autónoma con máis capacidade de rastrexo dos contactos os recentemente diagnosticados; localizan entre tres e 27 persoas coas que houbo un contacto máis ou menos estreito.

Tras esta comunidade autónoma está Melilla, entre catro e 16 contactos, e Ceuta, entre catro e 12. Séguemnas Andalucía e Estremadura, que localizan entre dúas e 11 ambas. Navarra, entre tres e oito, e Murcia, de cero a sete, están na metade da táboa. Xusto por detrás atópanse Aragón e a Comunidade Valenciana, que localizan entre dúas e seis persoas, e Castilla e León, Galicia e País Vasco, entre unha e seis.

Nas últimas posicións da táboa atópase Cataluña, onde os rastrexadores só localizan un máximo de dous contactos dos novos diagnosticados (0-2). Asturias, Castilla A Mancha e Madrid (0-3) tampouco logran detectar moitos máis, mentres que A Rioxa localiza entre un e cinco.

O informe do Carlos III non dispón dos datos de Cantabria nin de Baleares.

Do total de 22.997 casos de coronavirus diagnosticados desde o 11 de maio, o 56 % son mulleres. Un 9,1 % foron hospitalizados, un 0,7 % foron ingresados na UCI e un 0,9 % faleceu.

Segundo estes datos, a maior proporción de casos prodúcense no grupo de 15 a 59 anos, o 76 % do total, e a idade media está en 48 anos -algo maior en mulleres (50 anos), que en homes (47).

Nas conclusións do informe, advírtese de que a incidencia acumulada de COVID-19 experimentou un "aumento significativo" do 23 % desde a semana do 22 ao 28 xuño á seguinte e do 41 % entre a primeira e a segunda semana de xullo (ata o día 12).

Por comunidades, obsérvase unha maior taxa acumulada en Cataluña, a Comunidade Valenciana, Estremadura e Galicia, entre a última semana de xuño e a primeira de xullo, e en Andalucía, Aragón, Cataluña, Estremadura, Navarra, País Vasco, e A Rioxa entre as dúas primeiras semanas de xullo.

A evolución diaria dos casos e as hospitalizacions mostraba unha tendencia descendente ata o 14-15 de xuño, pero desde mediados de xuño, apréciase un aumento no número de casos, mentres que as hospitalizaciones, ingresos en UCI e defuncións manteñen unha tendencia á estabilidade.

Dos casos diagnosticados, un 44 % presentou síntomas, o 93 % dos diagnósticos realizáronse con PCR, un 51 % non refería contacto coñecido cun caso diagnosticado de COVID-19 e o ámbito máis frecuente de exposición deuse na contorna do domicilio (25 %).

Ademais, un 12 % dos casos son persoal sanitario ou sociosanitario, e esta porcentaxe é significativamente maior entre as mulleres que entre os homes (16,5 % fronte a 6 %), de maneira que o 79 % do persoal sanitario con COVID-19 notificado desde o 11 de maio son mulleres.

A porcentaxe de casos importados é do 1,8 %.

Segundo os datos, o tempo medio entre o inicio de síntomas e o primeiro contacto co sistema sanitario é de dous días, ata o diagnóstico tres, e ata o illamento dous días.