CRTVG

Buscar

España rexistra as temperaturas máis baixas en 20 anos

Publicado o 12/01/2021 21:26

Moito frío practicamente en toda España. Hai 41 provincias afectadas polas temperaturas extremas. Oito capitais estiveron a máis dos 10 graos baixo cero. Teruel rexistrou -21. A mínima de España tamén estivo na provincia de Teruel, en Bello, con 25,4 graos negativos.

Madrid trata de recuperar a normalidade

Tras a neve, a vaga de frío. E co descenso das temperaturas apareceu o xeo. Caldo de cultivo para que se repitan estas imaxes cada dúas por tres. Así que as urxencias traumatolóxicas non dan abasto. En 24 horas máis de duas mil fracturas atenderon nos hospitais da rexión.

O xeo causa estragos polas caídas. E a neve fixo outro tanto nos arbores da maioria de parques, case todos agora pechados para evitar riscos. Ainda asi, van aparecendo brotes verdes. O aeroporto funciona con limitacións. O mesmo se pode dicir dos buses urbanos. E algo moi importante. Mercamadrid abriu a porta e recibiu máís de mil camións con produtos perecedeiros. E os coches abandonados o venres nas estradas de circunvalación cada vez xa son menos.


 

Noticias web

12/01/2021