CRTVG

Buscar

España rexistra 17 mortes por covid-19, a menor cifra dende comezos de agosto

Publicado o 28/05/2021 19:29
España rexistra 17 mortes por covid-19, a menor cifra dende comezos de agosto

O Ministerio de Sanidade notificou 17 falecementos por covid desde onte, a menor cifra rexistrada en 24 horas desde principios do mes de agosto, e outra lixeira caída da incidencia acumulada de 7 décimas, ata 124,3 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días. Desde onte as comunidades reportaron 2.428 novos contaxios e unha caída da ocupación das UCI de catro décimas, polo que a media nacional se sitúa no 14,7 %, con dúas comunidades con índices de alta presión (máis do 25 % de ocupación): Madrid á cabeza (31 %), seguida da Rioxa (26,4 %).

Todas as comunidades están fóra de risco extremo de transmisión de covid (máis de 250 casos), aínda que seis territorios atópanse en risco alto (entre 150 e 250): Andalucía (166,1), Aragón (170,3), Madrid (188,3), Melilla (188,6), País Vasco (199,4) e A Rioxa (153,7).

Desde o inicio da pandemia contabilizáronse 3.668.658 contaxios. Sanidade detalla que para o cálculo da incidencia acumulada en Ceuta non se teñen en conta os 39 casos positivos importados tras a entrada masiva de persoas ocorrida nos últimos días. 

Noticias web

28/05/2021