CRTVG

Buscar

España rexistra 10.232 novos casos de covid−19, cunha lixeira redución da incidencia

Publicado o 21/04/2021 19:05

As comunidades autónomas notificaron 10.232 novos contaxios e unha ocupación de UCI do 22,6 % (unha décima menos que onte), aínda que oito teñen estas dependencias de coidados intensivos baixo presión extrema (por encima do 25 %), encabezadas por Madrid (45 %) e A Rioxa (43,4 %).

Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada en 14 días descende dúas décimas, ata 229,6 (1,2 puntos menos que o mércores) e hai oito territorios en situación de risco extremo de transmisión (máis de 250 casos por cada 100.000 habitantes). Son o País Vasco (448), Navarra (424), Madrid (400), Aragón (267), Andalucía (254,9) e A Rioxa (252), ademais das cidades autónomas de Ceuta (393) e Melilla (472).

Nas últimas 24 horas, as comunidades autónomas contabilizaron 148 mortes; a cifra total de falecidos elévase a 77.364 (302 no últimos sete días) e a de contaxios a 3.446.072. A ocupación hospitalaria descende dúas décimas, ata o 8 %.