CRTVG

Buscar

España rexeita a proposta de redución de cotas pesqueiras de Bruxelas

Publicado o 09/12/2020 19:33

O Goberno e as comunidades autónomas prepararon esta tarde a postura que o noso país vai defender no consello de ministros de Pesca da semana vindeira. Nesa cita vanse discutir os topes de capturas para os vindeiros anos.

España non está de acordo co modelo de avaliación do estado das pesquerías que está aplicando a Comisión Europea. Por iso, vai reclamar o mantemento das actuais cotas en especies como o abadexo, o linguado, a cigala e, sobre todo a pescada sur, onde Bruxelas propón unha redución do 13%.

Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, dixo que "España está en desacordo e opoñémonos á redución dun 13% destas capturas porque nos parece que esa pesquería e moi importante e significativa para o conxunto da nosa frota".


 

Noticias web

09/12/2020