CRTVG

Buscar

España recibiu durante os primeiros catro meses do ano 1,8 millóns de turistas

Publicado o 01/06/2021 09:18
España recibiu durante os primeiros catro meses do ano 1,8 millóns de turistas

España recibiu durante os catro primeiros meses de 2021 a visita de 1,8 millóns de turistas. Isto supón un 82,6 % menos que no mesmo período de 2020, debido á situación xerada polo coronavirus. Son os datos que hoxe publicou o Instituto Nacional de Estatística.

Os alemáns son os turistas que máis visitan España, seguidos por franceses e italianos. A duración da súa estadía foi de 8,2 días e o gasto medio situouse ao redor dos 1.064 euros. No mes de abril España recibiu 630.647 turistas internacionais. 

 

Noticias web

01/06/2021