España recibe 195.000 doses da vacina de Moderna
Publicado o 26/02/2021 19:35

Entre hoxe e mañá vanse distribuír ás comunidades segundo informa o Ministerio de Sanidade. Está previsto que o domingo chegue unha nova remesa da vacina de AstraZeneca.
Desde que comezou a campaña de vacinación e ata este xoves, segundo os datos do Ministerio de Sanidade, distribuíronse entre as comunidades máis de catro millóns e medio de doses das que xa se administraron o 76%.