CRTVG

Buscar

España retoma o mércores a vacinación con AstraZeneca

Publicado o 19/03/2021 09:09

• A decisión tomouse por unanimidade na Interterritorial de Saúde tras verificar a EMA que "os beneficios superan os riscos"

• O luns definirán con que grupos continúa a vacinación

A autopsia apunta a que a vacina non ten relación con morte de profesora de Marbella

 

España acordou retomar a vacinación con AstraZeneca e fíxoo coa unanimidade do Consello Interterritorial de Saúde, en convocatoria extraordinaria, tras decidir a Axencia Europea do Medicamento (EMA) que a vacina é segura ao non atoparse evidencia dunha relación directa coas trombosis detectadas. 

A ministra Carolina Darias e a directora da Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMP), María Jesús Lamas, deixaron claro que a vacina é "segura e eficaz", e que se espera a retomar o plan de vacinación o mércores para que o relatorio de vacinas e a Comisión de Saúde Pública decidan este fin de semana con a que colectivos se destinan. Segue sobre a mesa a opción de incluír a maiores de 55 anos. Sanidade e CCAA reuniranse o luns nun novo CISNS extraordinario para dar o visto e prace definitivo.

Pola súa banda, Lamas precisou que a EMA non atopou evidencias científicas que relacionen como efecto secundario directo os casos de tromboembolismo, aínda que tampouco se pode descartar o papel da vacina neses eventos, polo que se informará no prospecto do fármaco deses efectos adversos, modificarase a ficha técnica e trasladarase unha guía a profesionais sanitarios con síntomas que lles poidan alertar.E ademais, dixo, continúa a investigación. 

Desa forma o ditame da EMA coincide co da sociedade científica. Este xoves a Sociedade Española de Epidemiología asegurou que as vacinas anti-covid son "de baixo risco" e plasmárono nunha guía na que despexan dúbidas sobre os seus efectos secundarios tras os episodios de trombos notificados en España (tres en total, un con resultado de morte). 

Alemania, Francia, Italia, Letonia ou Portugal tamén anunciaron que retomarán a vacinación con AstraZeneca. Os que manteñen suspendido o uso de AstraZeneca son Dinamarca, Suecia e tamén Noruega. Un grupo de médicos do Hospital de Oslo considera que as tromboses pouco frecuente que se notificaron si están relacionados coa vacina, así que as autoridades sanitarias van seguir analizando estes casos en detalle.

Noticias web

19/03/2021