CRTVG

Buscar

España queda libre de casos de coronavirus

Publicado o 14/02/2020 21:04

O COI non se propón cancelar nin trasladar os Xogos Olímpicos de Toquio. Non hai motivo, din, a pesar da proximidade á China e de que o virus xa deixou un falecido no Xapón. A OMS ofreceralles asesoramento pero a última palabra é de Toquio.

A epidemia segue sumando casos. 1.380 mortos e 63.000 infectados son as cifras actualizadas polas autoridades chinesas, que recoñecen deficiencias no sistema sanitario do país. O presidente Xi Jinping prometeu reformar o sistema de prevención e control de enfermidades graves e poñer as novas teconoloxías ao servizo da sanidade.
Destacan, con todo, o aumento dos pacientes que se curan. Como esta familia. 4 membros infectados , entre eles un bebé, saíron este venres dun hospital de Pequín despois de recibir tratamento durante 15 dias.

Tamén recibiron a alta os dous unicos enfermos rexistrdos en España: un alemán ingresado na Gomera, e un británico en Mallorca. España queda, así, libre de coronavirus.

 

Noticias web

14/02/2020