España prorroga os controis na fronteira con Portugal ata o 17 de abril
Publicado o 03/04/2021 13:07
España prorroga os controis na fronteira interior terrestre con Portugal ata o 17 de abril. Así se establece nunha orde publicada este sábado no Boletín Oficial do Estado, que amplía os controis que finalizaban o próximo martes.
Deste xeito só se poderá saír e entrar do territorio español polos pasos autorizados e durante os horarios establecidos. Só poderán acceder a España os cidadáns españois e os seus familiares directos, os estudantes ou os traballadores transfronteirizos.