CRTVG

Buscar

España pode selar o pase á fase final da Liga das Nacións

Publicado o 15/10/2018 18:18

España viste de rosa solidario coas enfermas de cancro e o fútbol viste da mesma cor a traxectoria de Luis Enrique desque colleu da súa man a selección. Tempo prácido que non exclúe as treboadas. Hoxe toca Inglaterra para deixar encarreirada a clasificación no torneo das nacións entre os mellores de cada grupo. A Luis Enrique gústalle a proposta dos ingleses e pon a atención no seu poderío aéreo.

Para os once primeiros no Villamarín Luis Enrique non adianta nomes e insiste en contar con todos os convocados como parte dun abano de futbolistas necesarios segundo as circunstancias de cada encontro. A competencia interna queda así garantida.

Noticias web

15/10/2018