CRTVG

Buscar

España pídelles cautela aos que viaxen aos EUA

Publicado o 14/01/2021 18:55
España pídelles cautela aos que viaxen aos EUA

A embaixada española en Washington recoméndalles cautela aos españois que vaian viaxar nos vindeiros días aos Estados Unidos.

A advertencia chega despois de que o FBI alertase da posibilidade de protestas armadas nas diferentes capitais estatais durante os días previos á toma de posesión de Joe Biden como presidente. A cita é o 20 de xaneiro.

Noticias web

14/01/2021