España perde contra Israel, selección na que brilla o obradoirista Cohen (95-87)
A selección española de baloncesto perdeu na clasificación para o Eurobásket 2022 diante de Israel (95-87) logo dunha nefasta segunda metade no aspecto defensivo (encaixou 59 puntos). De todos os xeitos, a clasificación non debería perigar sempre e cando gañen a Romanía no partido do vindeiro luns.
Contra Israel houbo dous tempos moi diferenciados. Un primeiro no que España dominou completamente cun Quino Colom espectacular. Mesmo chegaron a ter vantaxes de 18 puntos (36-52 no descanso).
Inexplicablemente todo se veu abaixo no terceiro cuarto. Co obradoirista Cohen xogando un papel moi destacado, Israel meteu un parcial de 22-6 que igualou o encontro (58-58). Aínda así ao final do terceiro cuarto o marcador era favorable para os de Scariolo (67-72).
O último cuarto seguiu coa mesma tónica. Israel anotaba con gran facilidade e e aproveitou a febleza española para consolidar o seu primeiro posto no grupo.