CRTVG

Buscar

Abalde brilla contra Eslovenia, pero a derrota de España crúzaa no camiño dos Estados Unidos

Publicado o 01/08/2021 15:45
Abalde brilla contra Eslovenia, pero a derrota de España crúzaa no camiño dos Estados Unidos

Alberto Abalde completou un gran partido diante de Eslovenia pero non foi dabondo para que España se impuxese á Eslovenia no encontro no que pelexaban pola primeira posición do grupo (87-95). O aleiro galego anotou catro triplas e foise ata os catorce puntos, catro rebotes e tres recuperacións en 27 minutos. 

Todos os focos apuntaban a Doncic pero o esloveno foi detido pola defensa española (quedou nos 12 puntos). España dominou durante tres cuartos (24-20, 44-41 ao descanso e 70-68 no terceiro) pero no definitivo os balcánicos xogaron o seu mellor baloncesto e lograron o triunfo. Con Doncic neutralizado apareceron Cancar, Prepelic ou Tobey para superar a defensa española e levar o triunfo dun partido que se decidiu no último minuto.

Agora España terá que agardar para coñecer o seu rival nos cuartos, un emparellamento que marcará o futuro do baloncesto masculino nos Xogos.