CRTVG

Buscar

España non administrará, de momento, a terceira dose da vacina contra a covid

Publicado o 06/08/2021 11:34

O Goberno di agora que España non administrá a terceira dose da vacina contra a covid ata que a comunidade científica teña evidencias claras de que é necesaria.

A ministra de Ciencia considera máis importante que a vacina chegue primeiro a todos os países.

E ante o debate sobre a necesidade ou non dunha terceira dose das vacinas, a farmacéutica Moderna asegura que a súa mantén a máxima eficacia polo menos durante medio ano. Este soro acada unha eficiencia do 93 por cento entre catro e seis meses despois da segunda dose. É dicir. Que co paso do tempo apenas perde eficacia xa que é unha porcentaxe moi similar ao 94 por cento que consegue días despois de subministrar a segunda dose.

Noticias web

06/08/2021