CRTVG

Buscar

España métese en cuartos de final do Eurobasket ao derrotar a Montenegro (78-51)

Publicado o 21/06/2021 23:32
España métese en cuartos de final do Eurobasket ao derrotar a Montenegro (78-51)

EFE

EFE

A selección española clasificouse para os cuartos de final do Eurobasket ao derrotar a Montenegro por 78-51, nun partido en que a defensa foi fundamental e no que Astou Ndour e María Conde indicaron o camiño en ataque.

Montenegro esgotou a posesión sen poder lanzar a canastra en moitas ocasións, o que alimentou a súa frustración tanto como o cansazo das súas principais xogadoras ás que a súa adestradora apenas deu descanso.

Noticias web

21/06/2021