CRTVG

Buscar

España leva a prata en waterpolo feminino logo de perder a final cos Estados Unidos

Publicado o 07/08/2021 10:31
España leva a prata en waterpolo feminino logo de perder a final cos Estados Unidos

España acadou a medalla de prata en waterpolo feminino logo de perder na final diante dos Estados Unidos dun xeito moi claro (5-14). 

Partían como favoritas pero foi un recital do conxunto americano que no primeiro cuarto xa gañaba por 1-4. No segundo cuarto tiveron unha vantaxe de 1-6 pero España reaccionou e chegaba ao descanso algo máis metida no partido (4-7). Foi un espellismo porque o parcial de 0-5 no terceiro cuarto resultou demoledor e deixou o ouro visto para sentenza. 

Esta derrota non empaña o gran torneo da selección española. Foi primeira de grupo con tres vitorias e unha soa derrota e derrotou nos cuartos a China e nas semifinais a Hungría. Repite a prata acadada nos Xogos de Londres en 2012, cando tamén caeran derrotadas diante dos Estados Unidos.