España - Italia por un posto na final da Eurocopa (21:00 horas)
Un clásico do futbol de selección chega a Wembley. España e Italia midense por un posto na final da Eurocopa. E nun lugar emblemático. En Wembley, un escenario con historia e memoria.
Aquí contenden duas seleccions en forma. España comezou o torneo con dúbidas pero medrou co paso dos partidos. Haberá pelexa no rectangulo pola posesion do balón porque Italia deixou as maneiras do pasado e quere o coiro.
Claves da razón pura para esta noite de semifinal: España necesita o balón. E claves de razón práctica: Italia tamén, pero menos.
"Creo que son un equipo que se pode adaptar a xogar sen balón. Nós o necesitamos", di Luis Enrique.
A gran batalla xa que logo vai desenvolverse nun palmo de terra, nun eirado no que cada pelota será un pasaporte á final.
"Vaise levar o partido o que teña menos erros", comentou Pedri.
Coa baixa confirmada de Spinazzola e as dúbidas tralo último adestramento de Chiellini e Bonucci, entre algodóns, a escuadra azurra parte presumiblemente tocada en defensa.
"Gustaríame que estiveran os tres, canto mellor sexa o equipo rival máis bonito será o fútbol", reflexionaba o técnico.
Sen Sarabia pero co resto do equipo a plenitude física na selección española só preocupa a xestión das emocións.
"Motivación xusta e necesaria, nestes partidos adoita haber a tendencia de ir sobreexcitado", asegurou o seleccionador.
Consciente de chegar a un momento clave cunha selección inexperta, Luis Enrique fía todo, absolutamente todo ao grupo e xa pon as medallas antes de empezar a xogar.
Nin España nin Italia puideron adestrar en Wembley, o escenario preservado no que hoxe pode comezar outro cíclo virtuoso do fútbol español.
Cinco partidos e cinco triunfos. Son os números de Italia. Sen Spinazzolla, o lateral esquerdo revelacion desta Eurocopa. Con Bonucci e Chiellini adestrando á marxe do grupo pero titulares indiscutibles no centro da defensa.
Rivalidade histórica entre España e Italia. Será o cuarto enfrontamento consecutivo en Eurocopa. 2008 e 2012 vitoria española, con título incluido, e 2016 vitoria para Italia en oitavos. Todo pode pasar. Non hai favoritos.