CRTVG

Buscar

España gaña por 4-0 a Lituania cos xogadores do equipo sub-21

Publicado o 09/06/2021 06:50

Once deses xogadores súmanse á burbulla paralela da absoluta

A Federación e Luis Enrique tentan estabilizar a situación e cubrir todos os flancos, sumando 11 novos xogadores aos seis convocados nas últimas 72 horas para crear a burbulla de seguridade alternativa á convocatoria da absoluta. 
Os once novos, un equipo completo, son Álvaro Fernández, Mingueza, Cucurella, Bryan Gil, Juan Miranda, Gonzalo Villar, Pozo, Brahim, Zubimendi, Yeremy Pino e Javi Puado. Na práctica, o equipo completo Sub 21 de Luis de la Fuente que onte tivo que dar a cara contra Lituania e que goleou aos bálticos. 

ESPAÑA 4 . LITUANIA 0


O un a cero aos 3 minutos, marca Hugo Guillamón tras recibir unha pelota gobernada por Manu García. A evidencia da superioridade española chegou na estrema da media hora de partido. Brahim marca logo de recibir ao pé de Gonzalo Villar un galano de pase. 
O terceiro gol foi de falta. Con Cucurella xa na ducha, o bético Juan Miranda lanza con clase a portería e chuza o coiro na rede logo de impactar na barreira e malia que o porteiro lituano chega ao despexe.
No 4-0 a pelota sae perfectamente empaquetada pola maxistratura peloteira de Bryan Gil e chega a Javi Puado para controlar, fintar, canear e marcar dentro da área e sen poñerse nervioso nun ambiente que envolve á selección moi volátil, mesmo para elixir quen vai á olimpiada.

LUIS DE LA FUENTE. Seleccionador español de fútbol Sub 21  
Hoxe saberanse os resultados das últimas PCR e si algún xogador máis súmase a Busquets e Llorente na listaxe de contaxios. 

Noticias web

09/06/2021