"España, España": o berro para identificar as persoas que hai que repatriar en Cabul
As imaxes difundidas polo ministerio de Defensa dan idea da situación nas inmediacións do aeroporto de Cabul, con máis violencia cada día.
Os soldados españois berran o nome de España para identificar e reunir as persoas que hai que repatriar, ás que guían para que poidan chegar ao avión. A algúns mesmo os levan nos brazos. Defensa di que o exército está facendo todo o posible e que aínda así será difícil poder evacuar todos os colaboradores.
"Hai tiros, hai xente que tivo volver ás súas casas, os nenos non poden máis", relata a ministra Margarita Robles.
Ademais, non teñen marxe de actuación fóra de Cabul.
Cifran en máis de mil as persoas evacuadas ata o momento. E máis de 600 pediron xa asilo en España. Unhas peticións que se van tramitar coa máxima urgencia, segundo prometeu o ministro do Interior na recepción dun novo avión en Torrexón con 290 persoas, 120 menores.