CRTVG

Buscar

España esixirá unha PCR negativa ou a vacina completa aos cidadáns do Reino Unido

Publicado o 28/06/2021 09:06

O presidente do Goberno Pedro Sánchez anunciou  que España esixirá unha PCR negativa ou a vacina completa a todos os cidadáns que veñan do Reino Unido ao noso país. A medida comezará a aplicarse a partir do 1 de xullo.

Sánchez xustificou esta medida con que os datos que chegan do Reino Unido son preocupantes porque teñen uns contaxios "moi por enriba dos 150 casos por 100.000 habitantes en 14 días". O presidente do Goberno manifestou que hai que tomar a decisión de aplicar medidas adicionais no noso país e precisou que o anuncia para que os operadores turísticos o teñan en conta.

Noticias web

28/06/2021