España entra en recesión cunha caída histórica do 18,5% do PIB no segundo trimestre
A economía española afúndese e entra en recesión. O produto interior bruto tivo unha caída histórica no segundo trimestre. Baixou un 18,5%. Se comparamos os datos co primeiro trimestre do ano pasado a caída é aínda maior, un 22,5%.
Non hai precedentes dunha caída similar. Estamos ante o peor trimestre económico da historia. Habería que remontarse á Guerra Civil para atopar unha caída similar.
É a terceira recesion que sofre España no seculo XXI. Antes fora en 2009 e 2011. Pero a de agora chega con moita máis intensidade. Son as consecuencias do confinamento e do estado de alarma que paralizou algúns días por completo a actividade.
Os sectores más castigados foron a construción e os servizos e só a agricultura se librou do golpe. As cifras aínda non se desglosaron por comunidades pero non se agardan grandes diferenzas.
A clave vai ser a duración desta nova recesión. De momento, as previsións din que tardaremos polo menos dous anos en recuperar os niveis anteriores a esta crise.