CRTVG

Buscar

España, en risco extremo de incendios

Publicado o 13/08/2021 15:32

Con temperaturas que en moitas zonas superan os corenta graos, o risco de incendios é evidente. Á calor engádese a gran cantidade de vexetación que hai nos montes e a baixa humidade ambiental.. Todo xunto crea unha situación máis que propicia para provocar grandes incendios. Algúns expertos incluso aseguran que non sería de estrañar que puidera suceder algo semellante ao que ocorreu en Grecia ou Turquía.

E en algo así puido converterse o rexistrado nas últimas horas en Tarragona. Con potencial desvastador, segundo os bombeiros, cumprindo os tres trintas, 30 graos, 30 por cento de humidade e refachos de vento por riba dos 30 km. Finalmente non se cumpriron os prognósticos.

As autoridades dérono por controlado a primeira hora da mañá, despois de que onte se viran obrigados a desaloxar un cámping.

Cataluña enfróntase á peor alerta de incendios en 18 anos. Pero non é unha excepción. En plena vaga de calor, España está incluída na lista de países mediterráneos con risco extremo de incendios. Así está case todo o norte peninsular, zonas da meseta sur, Andalucía oriental, Murcia e Mallorca.

Ante este risco de lume, a Comunidade Valenciana prohibiu o acceso a 12 parques naturais. En Cataluña anularon cinco campamentos pra rapaces.


 

Noticias web

13/08/2021