España empezou a Eurocopa con dúbidas e remátaa cun proxecto ilusionante para o Mundial
Publicado o 07/07/2021 20:35
As sensacións negativas que deixa a eliminación da Eurocopa poden traducirse en ilusión para o futuro. Co penalti marrado por Morata rematou unha participación de España, que foi de menos a máis e que selou un papel moi digno no cómputo global. Pero supón tamén o principio dun proxecto novo. Os máis novos, como Pedri, Olmo ou Unai, renderon a un altísimo nivel. Igual que veteranos como Busquets, Koke ou Alba. A media de idade é de 26 anos e medio. Hai xa equipo para o Mundial. Un cadro feito a imaxe e semellanza de Luis Enrique, que saíu reforzado.