CRTVG

Buscar

España empata a uns contra Arxentina e pasa como primeira de grupo

Publicado o 28/07/2021 15:06

Medirase a Costa do Marfil na seguinte rolda

España empata a uns contra Arxentina e pasa como primeira de grupo

A selección olímpica de fútbol clasifícase para os cuartos de final despois de empatar a uns contra Arxentina. Mikel Merino abriu o marcador e Belmonte empatou para os arxentinos.

Os de Luis de la Fuente xogarán o sábado contra Costa do Marfil. O gardameta do Celta Iván Villar segue sen debutar co combinado olímpico.

Noticias web

28/07/2021