España e Portugal únense para conmemorar a primeira volta ao mundo
Publicado o 01/04/2019 20:18
Este ano fai cinco séculos do inicio da primeira volta ao mundo. España e Portugal van conmemorar de xeito conxunto a xesta que iniciou o portugués Fernando de Magallanes e completou o vasco Juan Sebastián Elcano. Hai 193 actos previstos de aquí a 2022, incluída unha repetición da viaxe por parte dos buques escola das armadas dos dous países.