España e o Reino Unido apuran as negociacións para evitar un 'brexit' duro en Xibraltar
Publicado o 29/12/2020 17:42
No Reino Unido, ás doce da noite deste xoves 31 de decembro consúmase o brexit e aínda non hai acordo sobre Xibraltar. España e o Goberno británico apuran as negociacións para evitar que Xibraltar se converta en fronteira externa da Unión Europea. Se non hai acordo, estableceríanse controis de mercadorías e persoas. Pola fronteira cruzan cada día 15.000 traballadores e uns 200 camións.
Arancha González Laya, ministra de Asuntos Exteriores: "Estamos ante unha situación na que non hai plan B. Sería o único territorio onde o brexit se daría dunha maneira dura, este brexit duro que sempre quixemos evitar, dende o primeiro momento".