CRTVG

Buscar

España é o país europeo con máis poboación non heterosexual

Publicado o 24/06/2021 21:37
España é o país europeo con máis poboación non heterosexual

España é o país europeo e o terceiro do mundo con máis poboación non heterosexual. Segundo unha enquisa realizada en 27 países, só o 78 % dos españois admite a súa preferencia polo sexo contrario.

Hai un 6 % de bisexuais e un 5 % de gais. España é tamén o terceiro país europeo con máis poboación a favor do matrimonio homosexual e a favor tamén de que as parellas do mesmo sexo poidan adoptar fillos.

Noticias web

24/06/2021