CRTVG

Buscar

España doará 7,5 millóns de novas doses ao mecanismo mundial de vacinación

Publicado o 22/09/2021 19:44
EFE

O Goberno español vai doar no primeiro trimestre de 2022 un total de 7,5 millóns de doses ao mecanismo Covax de vacinación mundial, ademais dos 22,5 millóns comprometidos actualmente, segundo dixo hoxe en conferencia de prensa o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez. Sánchez fará publicamente este anuncio no seu discurso ante a Asemblea Xeral da ONU, esperado a última hora da tarde en Nova York, no que será o seu último acto dunha axenda que tivo que acurtar pola erupción do volcán na illa da Palma.

O presidente detallou ademais cales van ser os destinos dos 22,5 millóns de vacinas xa comprometidas: 15 millóns para a rexión de América Latina e O Caribe, e o resto para África subsahariana e "os países da veciñanza sur da Unión Europea", onde moitas nacións teñen taxas moi baixas de vacinación.

Pero ademais, Sánchez anunciou que España vai contribuír con 2 millóns de euros máis ao Covax, concretamente á iniciativa Accelerator ACT, posta en marcha pola Organización Mundial da Saúde. Sánchez lembrou aos xornalistas, e así o repetirá ante a Asemblea Xeral, que España é un dos países do mundo que máis vacinas doou: concretamente é o terceiro da Unión Europea e o sétimo do mundo, e lidera ademais a campaña de vacinación da súa propia poboación entre os países do G20, segundo lembrou. 

 

Noticias web

22/09/2021