CRTVG

Buscar

España derrota a Hungría no Europeo de balonmán (27-25)

Publicado o 16/01/2018 15:33

 

E que ben se lle poñen as cousas á selección española de balonmán no Europeo. Gañou e, ademais, perdeu Dinamarca.

A selección que dirixe Jordi Ribera mídese mañá coa potente Dinamarca, que caeu ante a República Checa. Pensando na segunda fase España sairía no caso de gañar mañá cunha vantaxe importante para pelexar polas medallas.Contra Hungría non se xogou un partido vistoso. Foi un encontro disputado, igualado. Resolto a favor de España ao final. España gañou por dous goles de vantaxe.

Noticias web

16/01/2018