A derrota contra Rusia e o triunfo húngaro deixan fóra dos cuartos á selección española de balonmán feminino
A selección española de balonmán feminino foi eliminada dos xogos olímpicos e non estará nos cuartos de final. O equipo en que xoga a valdoviñesa Alicia Fernández precisaba, cando menos, un empate, pero perdeu con Rusia (31-34). Con ese resultado as 'guerreras' dependían dunha derrota húngara que non se produciu. Hungría gañou 26-23 a Suecia e deixou á selección fóra da loita polas medallas.
Xa no primeiro tempo as rusas amosaron o seu potencial e chegaron a ter unha máxima vantaxe de seis goles (10-16), pero a reacción final as españolas fixo que se chegase ao descanso dun xeito igualado (17-18).
O segundo tempo foi de constantes arreóns rusos que volveron a ter os seis goles en varias ocasións. España chegou a poñerse a tres (26-29) mais non deu nunca a sensación de poder remontar.
Alicia Fernández achegou tres goles e a máxima realizadora do conxunto español foi a súa compañeira no Rapid de Bucarest Marta López (7 goles).