España chega ás 18 medallas nos paralímpicos
Publicado o 29/08/2021 15:18
Nos Xogos Parolímpicos, a noite deixounos a clasificación de Susana Rodríguez Gacio para a final dos 1.500, onde buscará a segunda medalla. Tamén chegou o terceiro ouro consecutivo para a abandeirada Michelle Alonso nos 100 metros braza. No atletismo, chegou a medalla de prata de Sara Martínez. Acadouna no salto de lonxitude T12. E no tríatlon, Eva Moral acadou o bronce en PTWC.
Tres medallas máis para a delegación española, que ocupa arestora a undécima praza do medalleiro cun total de 18 metais, seis deles de ouro.