CRTVG

Buscar

España chega a fin de ano en situación de risco extremo, cos contaxios disparados

Publicado o 31/12/2020 14:27

España supera de media os 250 casos por cada 100.000 habitantes, cos contaxios disparados nalgunhas comunidades como Estremadura, Baleares ou Madrid.

Os médicos fan un chamamento ante as últimas cifras. Ou freamos os contactos ou colapsa o sistema sanitario. Cren que estamos no momento máis delicado da pandemia e pídenlles aos gobernos máis medidas xa. Dende o Colexio de Médicos de Barcelona defenden un novo confinamento domiciliario: breve, pero intenso.

Sen chegar de momento a iso, as comunidades si avisan de novas restricións. Estremadura, coa incidencia máis alta de España, entra el alerta catro e limita ás dez o toque de queda dende mañá.

Os discursos de fin de ano este vez coinciden todos nunha chamada á prudencia. Tamén advirten de sancións contundentes aos que incumpran as normas.

Os expertos agardaban o escenario actual, pero despois das festas. Nas próxima semanas veremos o alcance desta terceira onda.

Noticias web

31/12/2020