CRTVG

Buscar

España cae ante Serbia na prórroga (71-64) e queda fóra da loita polas medallas

Publicado o 23/06/2021 23:26
España cae ante Serbia na prórroga (71-64) e queda fóra da loita polas medallas

EFE

EFE

A selección española feminina de baloncesto non loitará polas medallas no Eurobasket tras ser superada este mércores por Serbia por 71-64 na prórroga do partido de cuartos de final, nun choque xogado de poder a poder. Aínda que a selección española dominou no marcador a maioría do tempo, a aparición no último cuarto de Sonja Vasic para liderar as balcánicas foi decisiva.

Ouviña puido sentenciar desde o tiro libre a falta de 1.2 segundos no tempo regulamentario, pero fallou un dos lanzamentos, empatou a 62 e o partido decidiuse a favor de Serbia nos minutos adicionais

Máis sobre Deportes