CRTVG

Buscar

España alcanzará nos vindeiros días os 15 millóns de vacinados coa pauta completa

Publicado o 20/06/2021 19:58
España alcanzará nos vindeiros días os 15 millóns de vacinados coa pauta completa

A vacinación progresa tamén no resto de España. Actualmente hai case 14 millóns de persoas en todo o país que xa recibiron a pauta completa de inmunización. Prevese que nos vindeiros días se acaden os 15 millóns de vacinados con esa pauta completa.

Uns 22 millóns de persoas, un 47 % da poboación, teñen polo menos unha dose. Algunhas comunidades teñen previsto comezar a vacinar proximamente o grupo de idade de 39 a 30 anos, entre elas Castela-A Mancha, Andalucía, as Baleares e Madrid. Xa comezaron Ceuta, Melilla e as Canarias.

Noticias web

20/06/2021