CRTVG

Buscar

España abre as fronteiras, sen restricións, aos visitantes procedentes do Reino Unido

Publicado o 24/05/2021 09:14

España abre as fronteiras para os turistas británicos, pero tamén a destinos de longo percorrido, como Australia, Nova Zelandia, Singapur, Israel, Corea do Sur, Tailandia, Xapón, China e Ruanda. Os británicos son os principais clientes da industria española do turismo. 

Ao redor dun 20 % dos turistas que veñen proceden do Reino Unido. No ano 2019, o anterior á pandemia, 18 millóns de británicos visitaron España.

Poderán entrar sen ningunha restrición sanitaria, pero á volta terán que pasar a corentena e facer dúas PCR no seu país de orixe.

Este é o primeiro paso para a desecalada pensando de cara ao verán e na recuperación do tursimo para intentar volver a unhas cifras que se vaian aproximando ao que era habitual. O próximo 7 de xuño poderán entrar en España todas aquelas persoas que recibisen a pauta completa de vacinación polo menos 14 días antes da súa viaxe, de acordo co consensuado polos Estados membros. Ademais dos vacinados con produtos aprobadas pola Axencia Europea de Medicamentos, permítese a entrada de turistas extracomunitarios inmunizados con outros soros autorizados pola Organización Mundial da Saúde.


Noticias web

24/05/2021