Estampa o coche camiño do bar, rouba outro para volver á casa e sofre con el un segundo accidente
Estaba a poucos metros do bar cando estampou o coche nesta gabia. Xa levaba moito alcol no corpo e non deu sacado o vehículo do sitio. Pero non se rendeu; decidiu facer os últimos metros a pé.
Mercedes Miranda, dona do bar O Piro: "Un mozo entrou aquí, pediu unha cervexa, estivo falando a varios clientes e convidounos porque os coñecía. Despois marchou".
Saíu do bar sobre as 11h e deuse conta de que o seu coche seguía na gabia. Así que, levou a furgoneta dun provedor ao que acababa de convidar a unha copa. No bar tardaron dúas horas en decatarse do roubo.
Mercedes, dona do bar O Piro: "Era a unha menos dez da noite e díxome: 'Abre o almacén, que che deixo a mercadoría'. Saiu a buscar o coche e non estaba".
O ladrón conduciu desde este bar de Oza, en Teo, ata Serra de Outes. Alí volveuse meter noutra gabia. Cortou os cintos do coche para facer unha cincha e tentar rescatalo. Non o conseguiu. A mercadoría quedou estrada por unha veiga, e o coche está arestora nun taller da zona.