CRTVG

Buscar

Esgótanse as entradas para participar nunha proba piloto na sala Pelícano

Publicado o 26/05/2021 15:38

Na Coruña esgotaron, en menos dunha hora, as entradas para participar nun concerto na sala Pelícano. Trátase dunha proba piloto que se fará nesa sala e noutras catro seleccionadas de Galicia. A idea é ensaiar a reapertura do lecer nocturno de xeito seguro.

A reapertura será o 12 de xuño con horario reducido, de once da noite a unha da mañá. Esta sala da Coruña, a Pelícano, canda outros cinco establecementos galegos, foron escollidos pola Xunta de Galicia para este ensaio. Entre as condicións que se coñecen están as limitacións de ocupación: cun 30 por cento no interior e un 50 por cento en terraza.

Será obrigatorio o uso da máscara, salvo no momento de consumir, e na pista de baila terá que haber distancia de seguridade entre as persoas, polo que non está permitido o contacto. Amais, os locais deberán levar control dos seus clientes, que terán que achegar información para futuros rastrexos.

Noticias web

26/05/2021