CRTVG

Buscar

Escrivá propón unha sobrecotización crecente por abusar de contratos curtos

Publicado o 11/05/2021 21:46

O ministro de Seguridade Social anticipou hoxe que esta semana o número de persoas en expediente de regulación temporal de emprego baixará dos 600.000.

José Luis Escrivá presentou as compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do seu Ministerio e propuxo unha sobrecotización crecente por abusar dos contratos curtos. Os contratos de menos de sete días de duración xa contan cunha penalización, pero o ministro cualificouna de claramente insuficiente.

 

Noticias web

11/05/2021