CRTVG

Buscar

Escrivá apoia o imposto para Madrid que formulou Ximo Puig

Publicado o 06/08/2021 09:00

O ministro de Seguridade Social, José Luís Escrivá, apoia a creación dun imposto específico para Madrid que compense o resto de comunidades polo chamado efecto capitalidade. O primeiro que falou desa posibilidade foi o presidente valenciano, o socialista Ximo Puig, acusando o Goberno de Ayuso de facer 'dumping fiscal', competencia desleal cos impostos para atraer as empresas aproveitando que poden baixalos porque recadan máis ao ser a capital. Ximo Puig reuniuse onte co ministro da Seguridade Social, José Luis Escrivá, que apoiou esa idea dun imposto para Madrid, para as rendas máis altas.

No executivo de Ayuso responderon de inmediato. Falan de persecución e acusan o Goberno de querer poñerlles un imposto só por ser madrileños e non votar a Sánchez, e comprométense a seguir baixando os impostos.

A fiscalidade de Madrid leva tempo no punto de mira doutras comunidades e tamén do Goberno central. O Executivo quere abordar o sistema de financiamento autonómico este outono e aprobar a reforma fiscal antes de que remate a lexislatura.

Noticias web

06/08/2021