CRTVG

Buscar

Escritores piden que se prolongue o Ano Carvalho Calero ata 2021

Publicado o 13/04/2020 19:57

Nos últimos días distintas asociacións e entidades propoñen á Real Academia Galega que se prolongue o Ano Ricardo Carvalho Calero ata 2021 A situación de excepcionalidade que estamos a vivir fará que o Día das Letras Galegas 2020 non se celebre con normalidade, polo que distintas entidades como a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Galiza Cultura ou A Mesa propoñen que o 17 de maio de 2021 sexa tamén dedicado á figura do narrador, poeta, ensaísta e pensador Ricardo Carvalho Calero.

Noticias web

13/04/2020