Escribá dubida de que todo o talento do Celta poida estar no campo ao mesmo tempo
Publicado o 10/10/2019 17:24
Escribá afronta con sosego a parada ligueira. Recoñeceu na Radio Galega que no ámbito celeste había ruxerruxe o día do Athletic, pero non que se xogara algo máis dos tres puntos.
O técnico non foxe dos debates sobre a maneira de xogar do equipo e mesmo os postos concretos dos seus xogadores. Okay, por exemplo. Medio centro defensivo, se acaso?
Para o adestrador non será imposible ver nunha mesma aliñación a Brais Méndez, Rafinha, Denis Suárez, Santi Mina e Aspas. Imposible non, pero raro si.
Sobre a posición de Aspas, Escribá semella non ter dúbidas. O de Moaña, sempre por dentro.
Ao técnico valenciano gustaríalle ter máis puntos, pero dá por boa a situación actual tras un calendario moi, moi esixente.