Escolas infantís galegas: mantéñense os grupos burbulla de cara ao vindeiro curso
Xa coa vista posta no vindeiro curso, mantéñense os grupos burbulla nas escolas infantís galegas, así como outras medidas, como a distancia de seguridade entre traballadores.
Hai cambios con respecto ao curso anterior. Os nenos poderán usar o calzado que leven da casa nos centros. Así mesmo, os centros poderán decretar o seu plan de continxencia e incluso o acceso restrinxido dos pais á aula nos períodos de adaptación, sempre e cando se manteñan as medidas necesarias.
Os carros de bebé poderán deixarse nos lugares en que se deixaban antes de comezar a pandemia. Ademais o protocolo permite a opción de que se mesturen os grupos, aínda que recomenda que sexa "en actividades ao aire libre e no alumnado do mesmo grupo".
Nas escolas infantís autonómicas, os profesionais non estarán obrigados a facer a enquisa de autoevaluación. Tampouco será obrigatorio facer entradas e saídas graduais do persoal. As actividades en grupo estarán permitidas no centro.
Con todo, hai cousas que se manteñen, como a ventilación ou a desinfección de mans e espazos. Uso obrigatorio da máscara para o persoal, control de acceso ao centro de provedores e terceiros,
Que facer ante un caso sospeitoso de coronavirus?
Se hai algún alumno con síntomas, terá que ser trasladado a unha sala habilitada para o seu illamento. A persoa que o acompañe ten que usar unha máscara FFP2 e unha pantalla. O responsable covid será o encargado de informar a familia.
No caso de confirmarse un positivo, o responsable chamará á central de seguimento de contactos e procederase a identificar os contactos estreitos.
En xeral, os pais terán que tomarlles a temperatura aos nenos e nenas e no caso de ter febre, tose ou síntomas respiratorios non acudirán ao centro. E que pasa cos que tiveron contacto cunha persoa afectada dentro ou fóra da unidade familiar? Terán que quedar na casa.